A alma da miña cidade
A alma de cada un de nós vén sendo a representación dun «eu mesmo» que apenas coñecemos. A alma dunha cidade, emulando o Volksgeist hegeliano, é un espírito en común que vai mutando coas xeracións. Queda a memoria, o escrito, a tradición oral e a arquitectura, as lousas que pisamos, as fachadas que admiramos, as sombras dos interiores que habitamos. As cidades necesitan un espírito para recoñecernos e cohabitar, cun compromiso moral para domesticar o ímpeto individual e o negocio a ultranza.
O meu Santiago devén daquela alma perdida no rezo obrigado das horas, da pisada longa e triste da ditadura que truncou o avance da........
