menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Pedirlle uvas a un escambrón

20 0
29.07.2026

Estimado Antonio: por moito que te esforces e digas que Ourense é un deserto cultural, eu dígoche que un escambrón non pode dar uvas. A sensibilidade nace coas persoas e é unha virtude que, cando non se ten, só se acada se hai vontade de escoitar e, sobor de todo, de aprender e corrixir. Eu ben sei que iso precisa unha cura de humildade e un desexo de formarse e emendar erros.

Sempre entendín que, máis alá das ambicións que te levan a entrar e participar na política, hai unha serie de valores que un individuo debe ter para estar nun cargo público, como saber algo da historia do Concello onde vai representar ós cidadáns. Pois eses coñecementos poden mudar a túa forma de ver a realidade. Mais cando non é así e son outros os fins polos que se move a persoa, como pode ser o de acadar cartos e fortuna, o demais queda fora de xogo e soamente aparece como unha retórica verbal para quedar ben. Polo que todo é un conto que soamente cren os despistados.

No teu artigo do domingo pasado falabas da situación da Cultura nesta cidade sen mar. E tes moita razón. Estamos diante unha seca que comezou hai........

© La Región