menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Por non falar de política...

34 0
23.05.2026

Vivo cerca de Compostela. Levo algo máis de trinta anos asentado no val da Maía. É o lugar do mundo no que teño vivido durante máis tempo. De onde son eu? Teño entendido que un ven sendo de onde ten enterrados ós seus mortos.

Daquela eu sonlles de Allariz onde, a maior abundamento, resulta ser o lugar onde a miña nai tivo a ben botarme ó mundo. Vivín entre Ourense e Pontevedra, primeiro; logo, vivín n’A Coruña e tamén na hoxe capital de Galicia. Tamén vivín no mar; xa saben, homme libre tu aimerás toujours la mer, segundo nos deixou indicado Baudelaire. Pola súa parte, Unamuno e antes Aristoteles deixaron escrito que hai tres clases de entes, a saber, os vivos, os mortos e os mariños. Vivín no mar a vida propia dese terceiro ente. Fáltame morrer. Pero millor agardar un pouco, digo eu.

De onde son? Podo falar, chegado o caso, de Ourense e dos toliños que daban volta tras volta pola rúa do Paseo, pero tamén da xente que volta vai, volta ven, miraban pra eles e sorrían. Podo falar da que o facía pola rúa da Oliva, en........

© La Región