menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A deirradeira leición do mestre

13 0
friday

Opinión A deirradeira leición do mestre

@javierhrguez.bsky.social

Preguntábame, nas últimas horas, se as persoas que nacimos nos anos noventa temos axencia para escribir sobre a influencia que tivo Beiras nas nosas vidas, na conformación do noso pensamento crítico. Penso en escribir sobre a revolución que supuxo O atraso económico de Galicia (Galaxia, 1972), pero sería unha impostura: xa nacimos con aquel vello marco rachado e con esas visións revolucionarias integradas na nosa colonia interior. Hai xente que sabe máis del e da súa traxectoria. Hai xente que o viviu máis. Hai xente que militou canda el nos tempos en que os poetas subían aos palcos a recitar por e para a clase traballadora e nós iso —claro— mirámolo coa nostalxia das imaxes proxectadas na memoria dos nosos vellos.

Porén, hai fíos invisíbeis que nos amarran entre xeracións e Beiras tiña un abondoso nobelo do que tirabamos todas. Pasounos o mesmo coa poesía de Lois Pereiro e coa mirada de Manolo Rivas: atopalos foi descubrir todo un imaxinario ideolóxico, poético e estético no que podiamos ser e que podiamos retorcer á vontade para encaixarnos nel. Unha patada no taboleiro, unha contestación, unha mensaxe de vida e de furia necesaria. Diso si que podemos falar porque é parte do que somos.

Eramos uns........

© El Salto