Feijóo e o pinchazo: a hipocrisía de quen quere mandar traballar o enfermo
A hipocrisía dalgúns non coñece límites. Tampouco a falta de empatía nin a falta de humanidade.
O pinzamento de Feijóo e a cruzada contra o enfermo
Temos a Feijóo, líder do PP e da oposición, aspirante a presidir o Estado español, que leva tanto tempo pedindo eleccións anticipadas que xa nin nos lembramos. Este mesmo personaxe deixou de dar mitins e de facer campaña porque dicía ter un pinzamento nas costas, un pinchazo.
Pois ese mesmo Feijóo considera agora que as baixas laborais son demasiado longas e quere emprender unha cruzada contra os traballadores que enferman. Os traballadores de verdade, os que saben coller unha pa. Non como el, nin como Rueda, o presidente da Xunta, que dá incentivos económicos aos médicos que dan menos baixas ou máis altas.
As mutuas: empresas privadas con diñeiro público
Son os mesmos que queren que sexan as mutuas as que decidan tamén as altas nas enfermidades consideradas comúns. Enfermidades comúns que, moitas veces, son en realidade enfermidades laborais que o sistema se nega a recoñecer como tales para aforrar diñeiro e para aforrárllelo ás mesmas mutuas.
Unhas mutuas que, en teoría,........
