"Euphoria": como estropear a unha serie
Érase unha vez unha gran serie...’’. Poderíamos empezar así. Un conto prometedor que se transforma nun pesadelo, un namoramento repentino que se converte nunha relación tóxica. Cantas series nos engancharon, nos entusiasmaron para logo decepcionarnos na terceira, se non xa na segunda tempada? Estou seguro que cada un terá un listado máis o menos longo. O mercado das plataformas, baseado na sobreexplotación do ‘‘produto’’, está a derribar sistematicamente as nosas ilusións como espectadores – incluso de forma máis rápida ao que nos acostumou Hollywood desde sempre coas secuelas.
A última gran decepción chegou coa terceira tempada de “Euphoria” en HBO Max. Estreouse no mes de xuño, despois de catro anos de espera.
“Euphoria” foi unha serie sorprendente. Inspirada libremente nunha obra israelí co mesmo título do 2012, trasladouse aos Estados Unidos por man de Sam Levinson. A través dunha visión multiprospéctica, explícita, e bastante alucinada, Levinson mergullabase nas emocións e nos pensamentos máis fondos dun grupo de estudantes de instituto. Unhas mozas e mozos que tiñan que enfrontarse a temas recorrentes da súa idade como as drogas, o sexo, a violencia, os problemas de identidade, os conflitos familiares, as redes sociais, o amor ou a amizade. “Euphoria” describía unha perdidísima Xeración Z e........
