Os xemelgos xenocidas: Trump, Netanyahu e a barbarie disfrazada de paz
Hai liñas que non se poden cruzar sen perder algo esencial. Quen apoia o xenocidio en Palestina perde o dereito a chamarse humano, igual ca quen apoiou o Holocausto xudeu en Europa. O mesmo vale para quen sostén o bloqueo contra Cuba ou calquera política que pretenda someter os pobos mediante a fame, a enfermidade e a asfixia da axuda humanitaria. Non hai termo medio ante o exterminio.
O eixo do mal ten nome e apelidos
Estados Unidos, Israel e os seus mamporreiros forman hoxe, ao meu xuízo, un auténtico eixo da barbarie. Benjamín Netanyahu está sinalado pola Corte Penal Internacional, que emitiu unha orde de detención contra el por presuntos crimes de guerra e crimes de lesa humanidade. Donald Trump, pola súa banda, é un dirixente cuxa responsabilidade política ante a Historia será imposible de borrar, por moito que el mesmo se presente como........
