menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Ourense, porvir de Galicia

13 0
25.07.2026

Cada 25 de xullo, Galicia reúnese ao redor dos seus símbolos, a súa historia e a súa cultura para celebrar o seu día grande. É unha xornada de xúbilo compartido, pero tamén un momento idóneo para a reflexión institucional. Desde a Deputación de Ourense que me honro en presidir entendemos que esta conmemoración tamén deixa espazo á reivindicación, á defensa do peso específico da nosa provincia. Galicia é viva, dinámica, e Ourense é, que ninguén o dubide, o latexado do seu interior; un territorio sen o que sería absolutamente posible comprender o que fomos, o que somos e as metas que aspiramos a alcanzar como pobo.

Festexar o Día de Galicia desde Ourense é lembrar que esta provincia non se resignou a ser periferia, senón que se converteu no lugar onde se construíron os piares do pensamento galego contemporáneo. Un legado intelectual, político, cultural e de identidade que herdamos grazas ao espírito inquebrantable da Xeración Nós.

Fronte ao innegable dinamismo........

© La Región