Amantes, ladróns e tolos
A obra do artista portugués Francisco Mendes Moreira reúne nesta exposición un conxunto de obras realizadas durante os últimos cinco anos e que aquí actúan en común, establecendo fíos a priori insospeitados e relacións que xorden dunha vizosa imaxinería como é coa que adoita traballar este creador que manexa numerosos materiais e técnicas, nun exercicio artístico pluridisciplinar e polo que as súas obras suman toda unha serie de significantes ao seu xa de por si poderoso valor visual e formal.
Se durante os últimos meses contemplamos o seu traballo no Museo Marco de Vigo, agora Francisco Mendes adapta o seu traballo aos espazos da mítica galería compostelana establecendo unha distribución de pezas que entende moi ben os seus dous andares, nos que se distribúen as súas pezas a través de conxuntos de pequenas pezas, cadros individuais e mesmo unha serie de interesantes esculturas que conseguen visualizar ese elo común a priori impensable en pezas que respondían a estímulos diferentes e a realidades distintas na súa creación e que aquí se reúnen........
