menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Dereito a calar

32 0
29.03.2026

Dobre arco da vella en Vigo. / Marta G. Brea

Un estrelampo é ese breve espazo de tempo que nos dá a chuvia cando cae con furia, neses días que semella que o sol non vai volver saír xamais. É un momento de alento, case de paz inusitada. Manuel Rivas foi primeira persoa á quen lle escoitei a (fermosísima) palabra estrelampo. Úsaa con esa habilidade tan insólita que posúe de introducir a poética na vida cotiá. Desde a miña humilde condición de neofalante –coas dificultades que iso implica, cos vicios adquiridos e polo feito de ser unha persoa que medrou nunha familia castelán falante– detéñome neste feito tan valioso que é a descuberta e o coidado da palabra.

A Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega organizou unha xornada titulada «Non hai fronteiras (ou si?): xornalismo e literatura nas Letras Galegas», para reflexionar sobre as conexións entre os dous campos. A escolla das datas non foi casual: a intención era facer coincidir este debate coa figura de Begoña Caamaño, homenaxeada nas Letras Galegas deste ano e autora........

© Faro de Vigo