As concentracións do PP nos concellos por Ceuta: covardía, oportunismo e ningún apoio real aos ceutís
A Federación Española de Municipios e Provincias, controlada polo Partido Popular, convocou concentracións en todos os concellos de España «por Ceuta». Hai que dicilo sen rodeos desde o primeiro parágrafo: isto non é apoio a Ceuta, nin moito menos unha resposta seria a nada. É unha convocatoria política, deseñada polo e para o Partido Popular, que non busca solución ningunha, nin para os ceutís nin para ninguén. Busca unicamente rédito electoral, e búscao a costa do sufrimento de dous colectivos á vez: o da poboación ceutí, utilizada como coartada, e o dos migrantes, convertidos en diana.
Feijóo e os seus falan de «invasión». Que quede claro: unha invasión é armada. O que estamos a ver en Ceuta non é un exército que cruza unha fronteira, senón xente desesperada que foxe da miseria e dunha ditadura satrápica, a do réxime marroquí, que utiliza os seus propios cidadáns como munición política. Marrocos abre a valla cando lle convén presionar o Estado español e Europa, e péchaa cando lle convén o........
