menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Vésperas de difuntos

28 0
01.11.2026

Poucas veces esta data tivo tanta significación. Os defuntos. Os defuntiños, que é como no galego tradicional sempre se dixo: diminutivo que é afectivo e aumentativo. A memoria dos pais, os avós, os devanceiros todos. Mais nesta ocasión tamén a memoria dos que traxicamente nos deixaron en Urda, hai poucos meses en Adamuz, antes en Angrois, na porta da casa. E non esquezo aqueloutro accidente igualmente terrible de Rande, en setembro de 1976, quince mortos e 29 feridos. Daquela non había alta velocidade. A morte é sempre un desgarro, un esgazamento, algo que se rompe dentro e fóra de nós. A morte déixanos orfos e desconcertados, mesmo que veña polos seu tempo e teoricamente nos preparemos para despedir os seres queridos. Sempre........

© La Voz de Galicia