España sen auga
Recordo unha viñeta de Mingote na que un medio informaba: «Continúa la pertinaz sequía. El Gobierno, culpable». O Goberno era socialista e o presidente un Felipe González atacado e calumniado pola prensa patriótica, de aí que o honesto Mingote ironizase sobre a campaña. O certo é que ata agora os humoristas trataron moito a choiva e case nada a seca, pero é lóxico porque a pertinaz seca é unha traxedia, e o exceso de choiva fonte de inspiración para cómicos.
Tampouco os poetas falan da seca. Poucas cousas haberá máis antipoéticas que a seca nin tan líricas como a choiva. A min paréceme que quen mellor a describiu foi Lorca no verso «La lluvia tiene un vago secreto de ternura», e quen mellor expresou ese........
