menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Historias dun vello tren

11 0
09.11.2026

Entre os meus recordos de infancia gardo aquelas historias de Senda e Mundo nuevo, as escolmas de textos onde descubrimos a lenda de Izapí e, entre todas elas, de xeito especial, un libro cun trenciño con ollos na cuberta, que se titulaba Historia de un viejo tren. Nel, os nenos poñían alfinetes nas vías para xogar e ver as fermosas formas que o tren lles deixaba. Unha vez postos os alfinetes, afastábanse para agardalo. De alí a un pouco chegaba o tren, lento e amable, co seu chucu-chucu, cómplice dos xogos infantís, chiscando un ollo ao pasar.

 Logo, viñeron outros trens: o que leva a Cordera ao matadoiro e despois a Pinín á guerra, no........

© La Voz de Galicia