O supremacismo do castelán fronte ao galego, euskera e catalán
A arquitectura constitucional de 1978 susténtase, na convivencia lingüística, nunha mentira fundacional. O Estado non aplica unha cooficialidade integradora, senón un supremacismo xurídico asimilacionista que blinda o privilexio dunha soa lingua e condena o galego, o catalán e o euskera á subordinación perpetua e á vulnerabilidade xudicial.
A chave atópase na redacción asimétrica do artigo 3.1 da Constitución. Co deber de coñecer o castelán o texto establece unha dominación. O castelán é a única lingua de obrigado coñecemento; as demais son meros accidentes admitidos por condescendencia. Esta asimetría permite que a xustiza, a administración central e os corpos de seguranza do Estado actúen como axentes de asimilación cultural dentro de territorios soberanos.
En Suiza cada cantòn ten a capacidade de elixir un réxime de monolingüísmo ou bilingüismo
A xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) demostra de xeito reiterado que a identidade lingüística forma parte indisolúbel dos dereitos fundamentais, vinculada á integridade persoal e ao dereito a un proceso xusto. Impedir que un cidadán se exprese na súa........
