O reloxeiro do eclipse
O sol vira sobre si mesmo e xira arredor do centro da Vía Láctea. Arredor del, a Terra fai cada ano unha elipse que dá lugar ás estacións, e á súa vez xira sobre si mesma, xerando o día e a noite. E arredor da Terra, a lúa dá voltas ao tempo que xira sobre si mesma xerando, por exemplo, as mareas. Todas estas voltas, tan axustadiñas entre si, permiten que nun recuncho do universo este planeta azul dea acubillo á vida cos seus ritmos circadiáns.
O 12 de agosto todos estes xiros inmensos enfiáronse para nos asombrar cun eclipse de Sol, un encaixe que volverá producirse cada certo tempo seguindo normas ben definidas e verificables.
Admiro ben aos meus amigos agnósticos. O mundo segundo eles xurdiu por un azar impersoal, como o dunha bola de billar que peta nas demais e ponas a rodar ciscándoas ao chou. Nese asombroso azar hai que........
