Ourense termal, termal
Que Ourense ten unha vocación termal é algo que xa sabían os romanos cando xestionaron sen burocracia o tema cultual e recreativo da Burga. E algunhas das intervencións urbanísticas das distintas capas administrativas do poder público van na liña de incrementar a nosa potencia termal pero en dous sentidos. Un, na xestión de pozas nas beiras -excesivamente á beira, por certo- do Miño ou da piscina da propia Burga, pechada, tamén por certo. E dous, máis directo e exitoso, coa conversión ecolóxica -sen electricidade nin gas- dun par de espazos públicos en zonas de altísima potencia termal, realmente fornos, só con enerxía solar directa, “raxeira”, que se di na nosa fala.
Primeiro espazo, Xardín do Posío. Como tantos outros paseantes fun ver o resultado da obra, oculta, loxicamente, durante meses. E o que vin -non é ironía- non me deu frío nin calor. Nos espazos inferior e superior do vello xardín botánico a diferenza non é tanta. Estanque, paxareiras, fonte,........
