Se se fai á marxe da lei non é xustiza, é outra cousa
Hai algún tempo vin a película Gone Baby Gone —estreada en España co título Adios, pequeña, adios—, dirixida por Ben Affleck. A cinta narra a desaparición dunha nena, Amanda, nun barrio marxinal de Boston. Un dos investigadores privados contratados para localizala é Patrick Kenzie —interpretado por Casey Affleck—, quen acaba descubrindo unha retorta trama na que participa a policía local para separar á nena dunha nai drogadicta e neglixente, entregándoa a unha familia que pode ofrecerlle agarimo, estabilidade e un futuro mellor.
Jack Doyle, capitán do Departamento de Policía de Boston, foi quen orquestrou toda a operación antes de dimitir e prexubilarse por supostos erros cometidos durante a investigación. El e a súa muller perderan ao seu fillo e, dalgún xeito, viron en Amanda a oportunidade de volver comezar unha familia. Pero todo se torceu cando Patrick descubriu o engano. Os intentos de Doyle de convencelo para que deixase as........
