Rusos chorando ou facendo revolucións
O CORAZÓN do cantante Serge Gaingsbourg estaba despedazado no verán de 1968, meses despois da revolución universitaria de Maio. Fora expulsado do apartamento e da vida de Brigitte Bardot. Estaba contratado para unha película inane, 'Slogan'. As réplicas de guión dáballas Jane Birkin, unha rapaza de 21 anos cos ollos lacustres e preciosos. Non a daba aturado. Ela non falaba francés. Esa caste de persoas merecen todos os desprezos, loxicamente.
Houbo unha noite na que Gaingsbourg se compadeceu da británica. Levouna cear a unha boîte rusa e a un club de travestis. Foi un xeito de presentarse.
El era fillo de dous xudeos escapados do pánico soviético e el mesmo sufrira a caza salvaxe da súa etnia emprendida polos nazis. Lucien Ginzburg era xudeo, ruso, feo e sentimental; un apartado, senón apestado, da sociedade. Empezara por cambiar o nome e seguira por envorcar o seu talento en sinxelas cancións pop que compoñía ao piano con dous dedos mentres fumaba.
Serge e Jane acabaron nunha habitación do Hilton. Ao entrar, el meteuse no baño. Ela esperou. Pasada media hora decidiuse a entrar. Atopouno borracho, chorando esas lágrimas tan densas que destila o alcohol. Ela estaba casada, con outro, e marchaba ao amencer. Unha desgraza moscovita.
Tiven unha semana rusa. Lin 'El........
