menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Necesidades diferenciais

12 0
26.07.2026

O Conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, ten toda a razón cando argumenta que, se queremos defender a equidade no acceso aos servizos públicos, temos que poñer por diante as necesidades dos territorios cando discutimos sobre financiamento autonómico. No caso de Galicia, isto significa falar de espallamento e envellecemento da poboación. Os dous factores premen significativamente sobre o gasto en ensino, sanidade e dependencia. Por iso, os galegos non podemos aceptar solucións que lle dean menos peso relativo a isto e máis a capacidade tributaria das comunidades autónomas.

O Ministro de Facenda ten tamén razón cando reivindica a negociación e o diálogo. Todo o mundo ten as súas razóns e a busca de equilibrios........

© Faro de Vigo