A violencia que non queremos ver
Hai anuncios que parecen inocuos. Fotografías que se deslizan por unha pantalla. Mensaxes que chegan aos nosos teléfonos. Habitacións de hotel. Pisos discretos. Corpos convertidos en reclamo.
Pero detrás de cada anuncio, detrás de cada rede, detrás de cada silencio, hai unha muller.
Unha muller á que alguén atopou vulnerable. Á que alguén prometeu unha vida mellor. Á que alguén captou, trasladou, controlou ou explotou. Unha muller á que lle arrebataron a súa vida.
O 23 de setembro obríganos a mirar de fronte unha das expresións máis brutais da desigualdade entre mulleres e homes: a explotación sexual e a trata.
Non podemos falar desta realidade coma se fose un negocio máis. Non podemos esconder a violencia detrás de palabras como mercado, oferta ou liberdade de elección. Porque cando unha muller é explotada, ameazada ou sometida, o que existe non........
