Entender algo de Galicia hoxe
Sorprendido con agrado pola escolma de La Voz de Galicia de artigos e articulistas senlleiros para entendermos Galicia, prendeu o meu interese en dous deles que manteñen unha firme actualidade. O de Augusto Assía Sobre el idioma gallego, de 1967, e mais o de Isaac Díaz Pardo O retorno de Castelao, de 1984.
Mentres Isaac fai un chamamento para celebrar un Castelao de todos cando se lle reciba na Lavacolla, láiase de como se fixeron as cousas para ese retorno. Díaz Pardo era home de entendementos e de conviccións, e non gustou daquel retorno. No artigo adiantou claves do que se viu na celebración do Ano Castelao, instituído pola Xunta no 75 cabodano do seu pasamento, conmemoración que se estendeu a este ano coa exposición no Museo........
