Cando René Descartes, no século XVII, andaba facendo as súas investigacións filosóficas, que finalmente fundarían a Filosofía Moderna deixando atrás para sempre o sometemento da Razón á tiranía da Fe, entendeu que, se quería seguir vivo, tiña que instalarse en Holanda. Os Países Baixos eran o único país de Europa onde a temible Santa Inquisición non funcionaba. Alí estaba seguro. Alí podía pensar e alí podía investigar sen medo. Alí podía escribir. En Holanda remataron tamén moitos filósofos incómodos para o pensamento oficial e para o poder da igrexa católica que, naquela altura, non andaba de coña e, a nada que te despistases, prendíache lume nun auto de fe. En Holanda rematou Baruch de Spinoza, sen dúbida o autor racionalista máis radical daquel tempo, perseguido xa non só pola Inquisición senón tamén polos propios xudeus, que o consideraban un perigo. Foi excomuñado por uns e por outros. Malia iso, en Holanda podía traballar e pensar. Fabricaba lentes ao tempo que fundamentaba a Ética na razón e non na Biblia. De non estar en Holanda, nin el nin Descartes poderían ter posto as bases do que logo Kant e outros fixeron estoupar baixo do nome feliz da Ilustración.

Holanda, agora Países Baixos, foi sempre epicentro de liberdade, para o bo e para o malo. Sábeno quen vai por alí a tomar cousiñas ilegais noutros lugares. Sempre foi paraíso da tolerancia e do deixar facer. Cando a ocupación nazi foron dos pobos europeos que máis se resistiron e loitaron dende a clandestinidade. Anna Frank e a súa familia sábeno ben. De feito, o pai de Anna, xudeu, instalárase en Amsterdam con toda a familia convencido de que a vaga de antisemitismo era imposible que chegase a Holanda. Chegou, pero porque os nazis ocuparon o país.

Coñecida a súa historia, doe ver as novas que nos contan que a ultradereita sobe como a escuma entre os electores, e que, aínda que non formarán goberno porque alí hai un cordón sanitario para non deixarlles entrar nas institucións (aquí estiveron a nada de ser partido no Goberno, de saír victorioso Feijoo na súa investidura), o certo é que alí teñen a chave da gobernabilidade. Son esenciais. Son os que poden marcar o ritmo do país nos anos futuros.

É difícil de entender que unha sociedade afeita á tolerancia e ao respecto se entregue deste xeito a un partido que fai da intolerancia e do odio ao diferente á súa sinal de identidade.

Ao final, a Inquisición si que entra en Holanda… Descartes, Spinoza, Erasmo de Róterdam e tantos outros dan voltas nas súas tombas sen entender a que vén tanta falta de racionalidade.

QOSHE - A Inquisición resucita en Holanda - Francisco Castro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A Inquisición resucita en Holanda

7 30
07.12.2023

Cando René Descartes, no século XVII, andaba facendo as súas investigacións filosóficas, que finalmente fundarían a Filosofía Moderna deixando atrás para sempre o sometemento da Razón á tiranía da Fe, entendeu que, se quería seguir vivo, tiña que instalarse en Holanda. Os Países Baixos eran o único país de Europa onde a temible Santa Inquisición non funcionaba. Alí estaba seguro. Alí podía pensar e alí podía investigar sen medo. Alí podía escribir. En Holanda remataron tamén moitos filósofos incómodos para o pensamento oficial e para o poder da igrexa católica que, naquela altura, non andaba de coña e, a nada que te........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play