Trasalba; na memoria e no horizonte
Sempre souben que, no decorrer da nosa vida, hai momentos que non só se imaxinan senón que se viven, se senten e se gozan, aínda que estas accións se desenvolvan no plano silandeiro da intrahistoria. Asemade, hai lugares que, lonxe de existiren para seren simplemente visitados e percorridos, permanecen fortes e imperturbábeis verbo da transcendencia que o devir lles asignou: que, navegando nese interludio emocional que sobrevive entre o sentimento e o pensamento, sexamos quen de admiralos, de lelos e, sobre todo, de interpretalos.
Para min, a Casa Grande de Cima de Vila, situada na parroquia de Trasalba, no concello ourensán de Amoeiro, representa un deses destinos moralmente obrigados que, ó tempo que foxen de se converter nun mero branco da voraz e banal curiosidade turística, conseguen supera-lo cualificativo de espazo físico histórico e se erixen nun templo espiritual, político e intelectual. Deste xeito, por que non dicilo?, se transforma no símbolo definitivo dunha apetencia identitaria, na........
