Os donos dos ríos e os ladróns das augas
De quen son os ríos? Teño un vello e bo amigo que afirma que os ríos son da xente. Dío bastante convencido; tanto e tan convencido que, cando mo dixo por primeira vez, puxo cara de aserto; é dicir, luciu unha expresión entre inxenua e desafiante. Acaso sospeitase que ía eu negarlle non só tal convicción, senón mesmo a parte alícuota que lle correspondería do líquido elemento. Os ríos, ser son da xente, pero é a Administración quen se encarga deles. Acaso por esta razón se produza o desconcerto que a todos nos trae a mal traer.
Poñamos un caso: un río afluente do Miño é un río galego, sen dúbida; por tanto, ven sendo o Goberno de Galicia quen ten que atender á súa conservación e o seu coidado, vixiando os vertidos que se deiten nel, proporcionando axudas económicas que colaboren á purificación das súas augas enturbadas polos vertidos industriais. Ah, carafio, resulta que ese río é afluente do Miño, que o Miño é un río internacional e que unha parte da súa ribeira é portuguesa o que fai que o control do noso río galego e só galego recaia no Goberno central de España. Paga........
