O Cris de hoxe
A iso das sete e media da tarde comeza hoxe o cris de sol que terá o seu punto máis escuro ás oito e vinte e oito e rematará as nove e dezaoito. E si. Eu que lles teño certa paixón polas palabras vellas, quero reivindicar cris, derivación popular de séculos atrás do cultismo medieval “eclipse” que é hoxe a de uso corrente en todas as linguas.
Dígolles máis. A palabra “cris”, masculina, aparece recollida co significado de eclipse de sol ou de lúa, na inmensa maioría dos dicionarios e vocabularios galegos. A saber: Luís Aguirre del Río (1858), Fco. Javier Rodríguez (1863), Cuveiro Piñol (1876), Marcial Valladares (1884), Francisco Porto (ca. 1900), Filgueira et alii (1926), Carre Alvarellos (1928, 1933, 1951, 1979), Bernardo Acevedo (1932), José Ibañez (1951), Eladio Rodríguez (1958), Franco Grande (1972), Constantino García (1985). Tamén é palabra que recolle o dicionario “Príberam” da lingua portuguesa que sinala “Nome masculino [antigo]........
