Canseira cos incendios
Averdade é que parece malo que nos habituemos ao ritual de sempre: avións, helicópteros, brigadas, risco, espectáculo, baduar político de culpas cruzadas, pois o único que conseguimos é tensar aínda máis a nosa sociedade, sen avanzar nada.
Un segredo que sabemos todos: aínda que o monte sempre ardeu, agora arde moitísimo porque o mundo cambiou moitísimo. E non me refiro só a que haxa 1,47 graos máis de temperatura media no mundo en 2024 -nada decisivo nos incendios- respecto da Era preindustrial, que é o que din as axencias climáticas. Refírome a que antes, cando o mundo era outro, a xente andaba apañando garabullos e piñas para facer lume na casa e a biomasa a arder no monte era moito menor, e vacas e ovellas e cabras limpaban as estremas dos camiños. A paisaxe rural de non hai tanto tempo era: casa con rosío na aldea, hortas, árbores de froita, cereal ou viño, prados para o gando e, finalmente, monte. E o monte -piñeiros,........
