menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

‘Meirás, Meirás, en que mans caerás’... nas do pobo

22 6
20.02.2026

Dito o do título que se atribúe a Pardo Bazán, construtora deste pazo historicista, de gusto romántico, como para un mago ou unha fada artúrica. Feito á medida da escritora e para a súa posta en escena. Pois velaí o seu sancta sanctorum, o que, afortunadamente, se conserva , a súa biblioteca, pese a ter desaparecido na súa revirada historia importantes documentos.

Predios ofrecidos ao golpista e ditador Franco como xefe do Estado, a 3 de marzo de 1938, en plena guerra incivil, cando as leis democráticas estaban conculcadas. Entrega realizada despois da compra, por colecta abusiva, mesmo con descontos nos salarios mensuais á xente do traballo, realizada pola Junta pro-pazo del Caudillo, formada pola plutocracia, gobernadores civís, alcaldes e empresarios da guerra e a fin de que aquela misión figurase como regalo del pueblo al caudillo. Programa que fracasou para logo facelo de xeito máis represivo, especialmente cos veciños da parroquia de Meirás e concello de Sada, acusando de roxos aos que non colaboraran. Así o empeño acadou o seu fin: adquirir o pazo aos herdeiros da Pardo Bazán, moi proclives a tal fin, pois Jaime Quiroga Pardo Bazán, o primoxénito —formado en Dereito en Compostela, voluntario na guerra de Melilla, tenente de cabalería, carlista, antirrepublicano, participante no fracasado golpe da Sanjurjada— fora detido xunto co seu fillo de 19 anos por militantes da Federación Anarquista Ibérica, conducidos á checa dos sotos do madrileño Círculo de Bellas Artes de Madrid e fusilados un 11 de agosto de 1936.

E así se fixo entrega pública de tan singular facenda a Franco, un 5 de decembro de 1938, acelerando dende entón a rehabilitación, con gastos a conta do Estado e guiadas polo arquitecto modernista Rafael González Villar. A pretensiosa decoración correrá a cargo de Carmen Polo, escollendo tapices, moblería, cadros de Patrimonio Nacional, regalos, como aquel cadro de Julia Minguillón representando a nenos bordando bandeiras, pinturas de Álvarez de Soutomaior, incluídas as esculturas dos dous profetas de Mateo, cedidas polo Concello de Santiago e xa, despois de dúas sentencias recentemente devoltas a este; ánforas aparecidas na baía da Coruña,........

© La Opinión A Coruña