menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Un ceo protector que agocha a Nada

49 0
18.08.2026

CANDO COCIÑO gústame poñer os primeiros discos dos Stones. Son cancións elementais e sinxelas como os pratos que preparo. Tamén soan ricos, como o rhythm’n’blues e o blues de 'The rolling stones' (1964) ou 'The rolling stones 2' (1965). A banda non se desviviu por decidir o título nin polo son, que é rudo, tosco e  fresco. Diría que mesmo amoral por ese xeito lascivo e xovial de enfocar o seu traballo.  Hai sesenta anos xa exhibían sen pudor as guitarras ásperas e a voz desafiante coa que canta Mick Jagger. Hai unha liña recta desde eses dous discos ata o que publicaron este xullo, 'Foreign tongues'. Estou escribindo este artigo con moita antelación, adiantándome unhas semanas. Cando vostedes o lean eu estarei ocupado na bela tarefa de non facer nada.

Apenas dei dúas escoitadas. Parece unha recompilación de todo os seus estilos, dende o rock de guitarras afiadas á balada que sempre se lle consinte cantar a Keith Richards e serve para evidenciar que elixiu ben o instrumento. É o mesmo, pero tocado con músicas e letras distintas.  Todo soa igual, pero iso Rolling nunca soaron mellor grazas ao impresionante facer do productor, Andrew Watt. Fago un aparte: emocionoume a homenaxe a Amy Winehouse coa version de 'You know I'm not good'.

Andei roldando neses días os Stones porque estaba lendo........

© Galiciaé