Usades IA e sabémolo
Unha persoa usa o modelo de IA Chat GPT. / Frank Rumpenhorst / DPA
Hai un episodio de paranoia tecnolóxica asociado ao cambio de século que está acompañado de certa dose de surrealismo. Refírome á Noitevella do 31 de decembro de 1999, cando Álvarez Cascos –daquela vicepresidente do Goberno– pasou a noite encerrado nun búnker no Palacio da Moncloa, xunto con outras vinte persoas, por pánico a un colapso. As supostas consecuencias dun fallo informático global asociado ao cambio de milenio, provocou que o goberno de José María Aznar nomease un gabinete de crise.
A proximidade do ano dous mil xerou teorías absurdas e esaxeradas sobre as consecuencias informáticas do chamado «Efecto 2000»: estendeuse a idea de que, na medianoite do 31 de decembro de 1999, milleiros de ordenadores ían interpretar o ano «oo» de xeito erróneo, coma se fose o 1900, en lugar do ano 2000. Isto traería consecuencias de suma gravidade: fallos en bancos, centrais eléctricas e nucleares, aeroportos, hospitais... Unha catástrofe inminente que, como saben, xamais tivo lugar. O que si tivo lugar foi un desembolso........
