A ignorancia como caldo de cultivo do odio
Hai uns días vin unha entrevista que me deixou xeado, e non por sorpresa, senón porque confirma un diagnóstico que levamos tempo repetindo dende a esquerda de clase: a ignorancia é o combustible que alimenta o odio, e a ultradereita leva anos sementándoa a conciencia, sabendo perfectamente o que fai.
Unha muller, sen traballo, dependente dunha prestación pública para sobrevivir, pedía con vehemencia que se retirasen «todas as axudas» que —segundo ela, segundo a propaganda que ten interiorizada— reciben os inmigrantes e que os expulsasen «ao seu país». E rematou cunha frase que o di absolutamente todo: que lle quitasen a axuda a ela tamén, «se fai falta». Unha persoa que vive grazas a unha prestación prefire quedar sen nada antes que ver outro ser humano recibir o que ela cre, falsamente, que recibe. Non pide máis para si mesma. Pide menos para o de ao lado, aínda que iso a afunda tamén a........
