Decembro arrecende a afectos. Quero dicir que ten aroma sentimental (sen ti, minto). Agora que os afectos están devaluados nos noticiarios, convén volver, alma por alma, aos afectos. Un décimo da lotería, unha copa compartida, unha mochila de proxectos. Mirar cara adiante. E tamén cara atrás. Porque somos o que perdemos. E somos tamén o que algún día fomos e deixamos de ser. A min gústame decembro. Hai anos non pensaba o mesmo. Daquela pechaba as fiestras do futuro neste mes no que comeza o inverno. Lía libros que non debía ler (Cioran e outros malditos) e miraba no calendario as datas. Agardaba que pasasen os Reis. Non estiven á altura das circunstancias. Porque cando un está á altura das circunstancias pensa na infancia, que é a única patria que en realidade posuímos: indescifrable e lírica. Na infancia un pode ser feliz sen facer preguntas sobre a felicidade. Eu agardaba que chegase o vinte de decembro. Despois, o sorteo do Nadal. Ía no autobús a Verín. A avoa esperaba por min para facer as torradas ou as filloas. E chegaba o día. E todo tiña arrecendo a Nadal. Sempre había algún amor adolescente que me facía tremelicar verso por verso. Foi época de sonetos. Agora os sonetos son cousa do pasado. Coma o Nadal. Ten un significado profundo no que rara vez reparamos. Relixioso. Unha semántica de fe: a esperanza. Somos o que perdemos, dixen. Pero somos tamén todo o que recuperamos. Nadal. O turrón, a sidra, e un groliño de anís. Tamén os ollos de mamá. Da cor do castiñeiro. E os ollos azulados, mar en calma, do meu pai. Quizá estes días regresen para brindar coas nenas. Para brindar pola vida cando a vida quere vivir e revivirse. Decembro. Chove. E acaricia.

QOSHE - Decembro 23 - Xosé Carlos Caneiro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Decembro 23

9 1
07.12.2023

Decembro arrecende a afectos. Quero dicir que ten aroma sentimental (sen ti, minto). Agora que os afectos están devaluados nos noticiarios, convén volver, alma por alma, aos afectos. Un décimo da lotería, unha copa compartida, unha mochila de proxectos. Mirar cara adiante. E tamén cara atrás. Porque somos o que perdemos. E somos tamén o que algún día fomos e deixamos de ser. A min gústame decembro. Hai anos non........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play