Querido Xesús
Tamén eu cheguei a pensar que vivirías sempre, e agora que nos deixaches non sei pensarte morto. Aprenderei, claro, pero a día de hoxe síntote a carón de min e oio a túa voz inconfundible largando un discurso sobre Rosalía, Antonio Machado ou Ramón Piñeiro, sen límite de tempo, sen tropezares nun nome, nunha data, nun dato. Porque o incrible, Xesús, é que ti facías anos, pero non avellentabas e nunca vello fuches. Por iso non pasaches de aprendiz de comunista. «Estou en proceso de formación —dicías— e algún día, se vivo abondo, quizais poida ser verdadeiramente comunista».
Deixáchesnos sen que eu che agradecese como debería o moito que por min fixeches durante unha amizade de corenta e cinco anos. Díxenche, si,........
