Pode resultar case frívolo falar dun asunto tan mundano e cotiá no medio de dúas guerras, a investidura pendente dun presidente, unha crise migratoria e varias máis arredor. A vida segue, e falar de taxis é facelo dun servizo público ocasionalmente necesario para a maioría das persoas, mesmo no medio dunha crise ou máis aínda nese caso.

En Santiago non hai taxis. Non é que sexan máis caros, que tamén, pois agora cobran suplementos ata por atender servizos ou reservalos con antelación que antes non cobraban. Xa non hai taxis cando se necesitan. Non os hai cando chegan á estación os trens con persoas cargadas ou con presa ou que non saben onde se ubica o lugar ao que teñen que dirixirse. Tampouco é doado logralos para desprazarse ao aeroporto, imposible de feito sen reservalos con moita antelación. A ninguén se lle ocorre xa chamar un taxi para un apuro porque pode conseguilo ou non. O mellor é non fiarse e ter alternativas.

Non sei noutros ámbitos, pero na universidade —a primeira empresa de Santiago por número de implicados— nos últimos tempos, cando convidamos colegas de fóra para conferencias, congresos ou tribunais, o máis difícil é organizar a loxística da súa partida, case sempre con présas despois de actuar ou de xantar. Soa absurdo e sobre todo incomprensible. A ninguén se lle ocorre xa confiar no servizo de taxis da cidade e ter previstas alternativas.

Como chegamos a esta situación é difícil de explicar, por máis que leo as informacións e as argumentacións, as queixas e as desculpas, non logro entendelo. Resulta incomprensible non ter un servizo público dispoñible en calquera cidade do mundo. O que se me quedou gravado foi o esforzo que fixo o gremio —e a palabra xa aporta significado ao asunto— do taxi compostelán para evitar a entrada de formas alternativas de transporte de viaxeiros, os famosos VTC. Moitos demos en entender daquela os argumentos dos taxistas, que non paga a pena lembrar. O que cre entender hoxe toda a cidade é que os donos dos taxis aproveitáronse do apoio cidadá e dun goberno municipal sen criterio para establecer as condicións dun monopolio corporativo.

Cada pouco Santiago queda sen taxis, abonda un congreso un pouco grande, dos moitos que hai ao ano na cidade —porque, repito, a universidade e o relacionado con ela é dende hai dous séculos é a primeira empresa, a que marca a actividade—, para que non haxa un taxi dispoñible.

O asunto é de interese público, non só porque atinxa a un servizo público senón porque atinxe á capital de Galicia. No seguimento deste estraño misterio da cidade sen taxis informa este xornal de que por fin este novo goberno municipal colleu o asunto de raíz. Confiemos, aínda que non o teñen fácil, como tampouco arranxar o sistema xeral de transporte público ou a regulación do tránsito. Demasiadas tarefas pendentes, das que o asunto do taxi é todo un síntoma do estado da cidade. Non uso taxis a cotío, pero os taxis sempre tiveron para min a virtude de non fallar cando os necesitabas. Morreu o conto.

QOSHE - Santiago sen taxis - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Santiago sen taxis

2 1
01.11.2023

Pode resultar case frívolo falar dun asunto tan mundano e cotiá no medio de dúas guerras, a investidura pendente dun presidente, unha crise migratoria e varias máis arredor. A vida segue, e falar de taxis é facelo dun servizo público ocasionalmente necesario para a maioría das persoas, mesmo no medio dunha crise ou máis aínda nese caso.

En Santiago non hai taxis. Non é que sexan máis caros, que tamén, pois agora cobran suplementos ata por atender servizos ou reservalos con antelación que antes non cobraban. Xa non hai taxis cando se necesitan. Non os hai cando chegan á estación os trens con persoas cargadas ou con presa ou que non saben onde se ubica o lugar ao que teñen que dirixirse. Tampouco é doado logralos para desprazarse ao........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play