Entre os moitos contos apócrifos sobre o ditador Franco hai un moi lembrado dunha suposta conversa co cardeal Quiroga Palacios. Foi a conto da preparación do Ano Santo de 1965. A base de excursións das parroquias das dioceses galegas, a igrexa compostelá levaba tres décadas revitalizando a peregrinación a Santiago, esquecida e moi decaída dende o trunfo do liberalismo o século anterior, antes da guerra case pasara á historia. Coincidindo cos novos aires turísticos e informativos do ministerio Fraga, o cardeal Quiroga, quixo dar un salto internacional na proxección do Ano Santo e preparouno con moita ambición, incluíndo a construción do Burgo das Nacións. Mesmo prevía a chegada de pelegríns en avión, seguindo a moda do turismo estival que anegaba as praias mediterráneas. O problema era que o aeroporto da Lavavolla necesitaba unha fonda renovación para ser algo máis que o campo de aviación ampliado polos presos republicanos que aínda era. Nese contexto sitúase a tantas veces referida conversa entre o cardeal e o ditador. Quiroga exponlle a Franco a necesidade de ampliar o aeroporto porque moitos pelegríns de todo o mundo virían en avión e Franco responde: E se non veñen? con ese galicianismo de manual que tan ben lle funcionaba para manexar o poder. Ao que Quiroga respondeulle: E se veñen? O aeroporto ampliouse para ser receptor de voos internacionais.

Ao fío do conto, a pregunta do título, que está agochada por case todos nesta convocatoria electoral, pero que temos obriga de formular como hipótese. Ao PP non lle interesa nin mencionalo nesta campaña electoral por razóns obvias. Para empezar, esa forza da que non se quere falar nin sequera ten presenza no Parlamento galego, só conta entre nós coa anécdota dunha única concelleira e todo indica que os neofalanxistas están en baixa en España. Contra isto está a lentitude coa que os conservadores se adaptan en Galicia ás novidades, facendo honra da súa vocación de inmutabilidade. Quen nos di que non será agora, despois da cinzarrada patrioteira deste outono, cando aproveitando o barullo confuso non entren os neofalanxistas en Galicia a costa do PP? Pregunto ao modo Quiroga.

O escenario da entrada de Vox, máis aínda o de intentar asustar con Vox, é difícil de manexar para a esquerda e para o BNG e deben sabelo. Dado o sentido común galaico, de intentar asustar coa entrada dos neofalanxistas, moi ben poderían contribuír a abonar a fuga dos seus propios votos cara o PP. No PSdeG é factible, pero tamén no BNG, contra o que poida aparentar. Máis alá das tácticas electorais dos partidos e visto sen paixón, hai opcións de que o PP vexa rebaixados os seus deputados por un avance da oposición, pero tamén polo novo partido de Jácome e tampouco pode desbotarse a priori a opción de Abascal. A demoscopia axuda a establecer aproximacións, pero nestes tempos líquidos estamos xa afeitos ás sorpresas. Por iso é necesario preguntarse como cidadáns que cambiaría nas nosas vidas, na cultura, na lingua un posible goberno apoiado por neofalanxistas.

QOSHE - Que poderíamos agardar dun Goberno PP-Vox? - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Que poderíamos agardar dun Goberno PP-Vox?

10 1
27.12.2023

Entre os moitos contos apócrifos sobre o ditador Franco hai un moi lembrado dunha suposta conversa co cardeal Quiroga Palacios. Foi a conto da preparación do Ano Santo de 1965. A base de excursións das parroquias das dioceses galegas, a igrexa compostelá levaba tres décadas revitalizando a peregrinación a Santiago, esquecida e moi decaída dende o trunfo do liberalismo o século anterior, antes da guerra case pasara á historia. Coincidindo cos novos aires turísticos e informativos do ministerio Fraga, o cardeal Quiroga, quixo dar un salto internacional na proxección do Ano Santo e preparouno con moita ambición, incluíndo a construción do Burgo das Nacións. Mesmo prevía a chegada de pelegríns en avión, seguindo a moda do turismo estival........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play