Tocan tambores de comicios e fan un estrondo tal que xa non se sinte máis nada. A convocatoria das eleccións ao Parlamento galego que escollerá o novo presidente da Xunta está a piques de coñecerse. O boureo sobre a data posible non para de aquí a Euskadi. Sabemos xa que as eleccións vascas serán antes das europeas de xuño e parece que as galegas serían antes ou xusto despois, pero non poden coincidir co Antroido, febreiro, martes 13; nin coa Semana Santa, marzo, xoves 28. En parte importante de Galicia todo febreiro é Antroido e no resto a Semana Santa ocupa en realidade tres. Complícase atopar data. Inmediatamente despois da mobilización feminista do 8 de marzo tampouco parece o momento preferido dos conservadores. Aínda por riba hai outros límites relacionados coa aprobación de Orzamentos.

Todo o visto no curto prazo, en realidade demostra a importancia que no longo prazo terán as vindeiras eleccións para Galicia e para definir quen vai gobernar. O prazo da historia recente é o que interesa aquí. Despois de quince anos, que son moitos, o PP está inevitablemente esgotado e cun candidato, Alfonso Rueda, que substitúe a Feijoo, que sempre estivo agochado á súa sombra, e que conta con escaso coñecemento entre os votantes. Tan pouco que está protagonizando a campaña máis extensa e intensa da que hai noticia, en todos os medios públicos, privados e de transporte. Logo de darse a coñecer, aínda está por ver como será valorado.

Por primeira vez en quince anos hai condicións para a alternancia en Galicia, polo paso do tempo, polo cambio de candidato e porque a solidez do PP galego está en cuestión, estourando polas costuras descosidas cando marchou Feijoo e enfiadas a machado para formar un goberno de coalición interna. Tamén polas ameazas da candidatura de Jácome en Ourense e unha candidatura de Vox cada vez máis alimentada pola viraxe patrioteira do PP en Madrid. Se a campaña electoral das galegas vai xirar, como parece, sobre o protagonismo de Feijoo, a amnistía de Sánchez, Cataluña róubanos e a culpa é da oposición, na dialéctica de bloques que impulsa o PP os seus competidores na dereita van ter espazo par sacarlle escanos. Mesmo a oposición esquece que en Galicia, na maioría das eleccións, o bloque das dereitas obtén menos votos que o das esquerdas e o nacionalismo.

Por terceira vez en case cincuenta anos —sumando preautonomía e autonomía— hai opcións dunha alternativa, pero dependerá da oposición. Polo de agora apréciase que Ana Pontón está pondo en marcha a pesada maquinaria do BNG, parece saber que o paso máis que necesita dar require un impulso novo e unha ollada social aberta. Lograrao? Besteiro está a preparar unha longa pista de lanzamento dende Lugo e Madrid cara toda Galicia, pero como sempre no PSdeG dependerá de que en Madrid queiran apostar ou non. Como tantas veces antes, como conta Alfredo Conde no seu novo libro. Interesaralles? Se Sumar pode ofrecer un espazo para que ninguén quede sen votar, a alternativa en Galicia sería máis factible. Darán feito?

QOSHE - Galicia vai poder decidir goberno axiña - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Galicia vai poder decidir goberno axiña

4 0
05.12.2023

Tocan tambores de comicios e fan un estrondo tal que xa non se sinte máis nada. A convocatoria das eleccións ao Parlamento galego que escollerá o novo presidente da Xunta está a piques de coñecerse. O boureo sobre a data posible non para de aquí a Euskadi. Sabemos xa que as eleccións vascas serán antes das europeas de xuño e parece que as galegas serían antes ou xusto despois, pero non poden coincidir co Antroido, febreiro, martes 13; nin coa Semana Santa, marzo, xoves 28. En parte importante de Galicia todo febreiro é Antroido e no resto a Semana Santa ocupa en realidade tres. Complícase atopar data. Inmediatamente despois da mobilización feminista do 8 de marzo tampouco parece o momento preferido dos conservadores. Aínda por riba hai outros........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play