España, o Estado español, as nacionalidades e as rexións constitucionais do Estado ou como queiran chamárselle á comunidade política representada no Parlamento español, organizada en partidos políticos que se presentan as eleccións e obteñen deputados, expresouse a semana pasada e encargou a Pedro Sánchez formar Goberno. Esa decisión parlamentaria foi adoptada por maioría absoluta en primeira volta.

Na base dese encargo de Goberno hai pactos plurais e xeometrías variables —termo apenas usado xa— entre diferentes partidos e territorios. No acordo participan as dúas candidaturas de esquerda estatais e todos os partidos territoriais cataláns, vascos, galegos e canarios representados no Parlamento, sexan de esquerdas, centro ou dereitas; entre eles, partidos nos gobernos de Cataluña, País Vasco e Canarias. Na votación parlamentaria que soporta o acordo sumáronse 179 deputados representantes de España, por mellor dicir dos 12.506.682 cidadáns que os apoiaron nas eleccións do 23 de xullo. En contra votaron PP e Vox, dous partidos estatais de dereita e extrema dereita e a UPN, un partido navarro católico e foralista; sumaron 171 deputados, que representan aos 11.177.348 cidadáns que os apoiaron nas urnas. Non está de máis facer notar que simplemente sumando os votantes do BNG e PNV aos de PSOE e Sumar xa superan en número de votantes —en máis de 25.000— aos partidos contrarios á investidura de Pedro Sánchez.

Estas son as cifras e así pasan á historia, o demais é literatura fantástica, ideoloxía respectable e política lexítima. O sistema político democrático compórtase, explícase e funciona como un mercado. Un mercado político, xaora. O dito tanto tes, tanto vales poucas veces é tan rotundo como nun proceso electoral para formar Goberno. Os sistemas parlamentarios liberais e o capitalismo xurdiron historicamente emparellados, por moito que nos trescentos anos posteriores pasaran moitas cousas. E aquí estamos. Tantos votos tes, tanto vales. A frialdade dos números está por riba de todo, ter o poder dos electores é o que dá a razón política e a capacidade de gobernar. Logo están os sistemas de balance e control institucional en España: Tribunal Constitucional, sistema bicameral, xudicatura, sistema autonómico, municipal e unha oposición que faga o seu traballo.

Chama a atención que o conxunto de partidos que apoia ao Goberno sexa un agrupamento por riba das dereitas e das esquerdas. Non tanto para un historiador, porque non é un aliñamento novo senón profundamente histórico. Podemos remontarnos ao exilio, de forma máis precisa ao antifranquismo ou especificamente, para establecer unha comparación axustada, ás primeiras eleccións democráticas de hai corenta e seis anos. Nos resultados daquel 15 de xuño, as dereitas con representación parlamentaria sumaron 7.882.179 votos, as esquerdas chegaron aos 7.898.338. Os deputados de partidos nacionalistas representaban 1.189.002. Esquerda e nacionalistas superaban os 9 millóns de votos. Outra cousa eran os deputados. Agora tamén niso hai coherencia numérica.

QOSHE - España votou para evitar a unión PP-Vox - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

España votou para evitar a unión PP-Vox

7 0
21.11.2023

España, o Estado español, as nacionalidades e as rexións constitucionais do Estado ou como queiran chamárselle á comunidade política representada no Parlamento español, organizada en partidos políticos que se presentan as eleccións e obteñen deputados, expresouse a semana pasada e encargou a Pedro Sánchez formar Goberno. Esa decisión parlamentaria foi adoptada por maioría absoluta en primeira volta.

Na base dese encargo de Goberno hai pactos plurais e xeometrías variables —termo apenas usado xa— entre diferentes partidos e territorios. No acordo participan as dúas candidaturas de esquerda estatais e todos os partidos territoriais cataláns, vascos, galegos e canarios representados no Parlamento, sexan de esquerdas, centro ou dereitas; entre eles,........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play