A política é representación. As negociacións para a amnistía levaron a unha carreira entre Junts e ERC para demostrar quen negociara máis e mellor. A xestión que fixeron disto, especialmente Puigdemont, demostra a necesidade que teñen dunha amnistía que lles perdoe o mal que se están facendo e se levan feito a si mesmos, e aos catalás. Dicía Unamuno, dende a súa sobriedade vasca admiradora da sequedade de Castela, que a algúns levantinos os perdía a estética. En realidade o acordo non foi difícil, como non o foi co PNV, Bildu e o BNG. A representación de patriotismo ultramontano da extrema dereita en Madrid, por terra nas rúas de Ferraz, por mar surfeando nas ondas dalgún club xudicial e por aire nas ondas.es, fixo doado o traballo dos negociadores do PSOE. Unha semana de motíns de Esquilache e de Aranjuez, adornados coa bandeira carlista da cruz de Borgoña, ven evidenciar que a unificación esixida por Franco tivo efecto, tamén que os vellos guerrilleiros de Cristo Rei da Transición aínda seguen arrastrando cadeas.

A amnistía como fórmula de perdón político para superar enfrontamentos foi fundadora da democracia actual. E non unha senón tres. Fixeron falta dúas (D-L 4/8/1976, ampliada en 14/3/1977) para que a oposición aceptara concorrer en xuño de 1977 a unhas eleccións organizadas polo último Goberno da ditadura. A terceira amnistía foi aprobada como lei o 15 de outubro daquel ano polas novas Cortes democráticas, de modo case unánime; segundo as crónicas da época «o único alegato en contra estivo a cargo de Alianza Popular», que ao final se abstivo na votación. Anos despois, no Parlamento Galego, farto dos ataques de Beiras ao seu pasado, Fraga botou man daquela lei de amnistía para lembrarlle ao nacionalista que el xa fora amnistiado.

Unha democracia pode aguantar calquera protesta e tensión. Pensemos nas democracias europeas e americanas das que temos máis información, nos últimos corenta anos en España ou mesmo nos períodos democráticos anteriores. O que non pode aguantar a democracia é a deslexitimación dos resultados electorais. Non é a primeira vez, sabémolo. Ensaiouno Aznar cando gañou Zapatero e ao seu xeito Rajoy despois. Repetiuno Fejoo no 2005, en declaracións sobre o voto emigrante, ao gañaren o PSdeG e o BNG as eleccións galegas. Está afeito a este argumento pero pode que non saiba que hoxe ten un significado diferente. Pasaron dezaoito anos e demasiadas cousas no mundo dende entón: Trump, Bolsonaro, Vox.

Mellor ir amodo coas protestas sostidas en deslexitimacións electorais, despois do asalto ao Capitolio en Washington e á praza dos tres poderes de Brasilia. Sentidiño. No horizonte histórico sempre temos o Reichstag incendiado. Asombra a falta de sensibilidade histórica española con asuntos do pasado recente e non tanto. As bandeiras carlistas da cruz de Borgoña xa chegaron este domingo ás concentracións do PP. Empeza a facer moita falta un pouco de coñecemento fundado para evitar os riscos aos que pode levar a ignorancia.

QOSHE - Cando Fraga reivindicou a amnistía - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Cando Fraga reivindicou a amnistía

7 25
14.11.2023

A política é representación. As negociacións para a amnistía levaron a unha carreira entre Junts e ERC para demostrar quen negociara máis e mellor. A xestión que fixeron disto, especialmente Puigdemont, demostra a necesidade que teñen dunha amnistía que lles perdoe o mal que se están facendo e se levan feito a si mesmos, e aos catalás. Dicía Unamuno, dende a súa sobriedade vasca admiradora da sequedade de Castela, que a algúns levantinos os perdía a estética. En realidade o acordo non foi difícil, como non o foi co PNV, Bildu e o BNG. A representación de patriotismo ultramontano da extrema dereita en Madrid, por terra nas rúas de Ferraz, por mar surfeando nas ondas dalgún club xudicial e por aire nas ondas.es, fixo doado o traballo dos........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play