A brutalización e a deshumanización á que o actual Goberno de Israel está a someter aos palestinos de Gaza, e á vez ao mundo enteiro, coa visión do que están a facer nestes días, non é digna dunha humanidade que teña tal nome. Atacar escolas cheas de familias refuxiadas porque confían con razón que será un lugar seguro no que estar a salvo das bombas e os combates. Hospitais! A maioría dos hospitais de Gaza atacados polo exército israelí co argumento de que son toupeiras de terroristas de Hamás. Lembran cando os hospitais eran protexidos nas guerras por cruces vermellas? Estarán fartos de ter esa imaxe na retina. Lembran cando atacalos era considerado por todos os países un crime de guerra? Pois xa non. Dalgún xeito, os voceiros do Goberno israelí están intentando convencernos de que é lexítimo atacar hospitais, escolas e matar civís desarmados. Pois non, por aí non podemos pasar se non queremos retornar aos tempos escuros.

Considerar infrahumanos a todos os palestinos, terroristas a todos os gazatíes, nenos incluídos, lembra as peores matanzas da humanidade, os peores crimes colectivos perpetrados no século XX. O século das masacres e os xenocidios. Como ben di o historiador italiano Enzo Traverso —especialista na memoria máis escura e as súas consecuencias no presente—, hoxe o Estado de Israel está enlamando a memoria do holocausto. Traizoándoa. Como afirma a diario Antonio Guterres, secretario xeral da ONU, en Gaza estase perpetrando a peor matanza de nenos da que hai lembranza nas últimas décadas. Por falar neses mesmos termos vemos con simpatía a recente viaxe dos primeiros ministros español e belga, responsables actual e futuro da presidencia de quenda da UE. Por lembrar que mesmo nas guerras hai regras, capacidade de mediación e acción humanitaria. Comprender a dor israelí polos reféns e a matanza terrorista do día 7 de outubro e a súa resposta non debe agochar o dereito internacional e a defensa da razón humanitaria.

Molesta o uso político interno que se leva facendo deste asunto en España. Aquí, onde non hai memoria da culpa española polo trato que se lle deu aos xudeus cando os militares rebeldes eran aliados do nazismo que promoveu o pogrom do Reich en 1937 e do fascismo que promulgou as leis raciais en 1938, dando inicio á persecución dos xudeus. Quen lembra o ditador que clamaba nos seus discursos contra a confabulación xudeu-masónica, pero que temeroso polos xuízos de Nuremberg quixo apropiarse do que cónsules españois fixeron por salvar aos xudeus en Bucarest ou Salónica? Pero todos lembraremos aquela ladaíña da tradicional amizade cos pobos árabes —arranca de 1948—, que axudou daquela á ditadura a salvar o bloqueo da ONU e as democracias. Unha amizade construída aproveitando a primeira guerra árabe-israelí, coa que naceu o estado de Israel, que lle permitiu á ditadura franquista superar o bloqueo de combustibles e conseguir divisas vendendo armas. É bo momento de lembrar que, froito dunha historia moi escura, ata 1986 a España democrática non estableceu relacións co estado de Israel.

QOSHE - A matanza de Gaza é insoportable - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A matanza de Gaza é insoportable

4 0
28.11.2023

A brutalización e a deshumanización á que o actual Goberno de Israel está a someter aos palestinos de Gaza, e á vez ao mundo enteiro, coa visión do que están a facer nestes días, non é digna dunha humanidade que teña tal nome. Atacar escolas cheas de familias refuxiadas porque confían con razón que será un lugar seguro no que estar a salvo das bombas e os combates. Hospitais! A maioría dos hospitais de Gaza atacados polo exército israelí co argumento de que son toupeiras de terroristas de Hamás. Lembran cando os hospitais eran protexidos nas guerras por cruces vermellas? Estarán fartos de ter esa imaxe na retina. Lembran cando atacalos era considerado por todos os países un crime de guerra? Pois xa non. Dalgún xeito, os voceiros do Goberno........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play