O que está acontecendo en Gaza resulta insoportable. A visión do que está a facer Israel en Gaza resulta insoportable para quen pense que os seres humanos somos iguais, tamén para quen pensa que a guerra ten regras. Non cumpriron esas regras, nin tiveron sentido da humanidade os milicianos de Hamás que o 7 de outubro asasinaron e secuestraron persoas indefensas, como tampouco o Exército israelí bombardeando hospitais, ambulancias e campos de refuxiados na resposta militar dirixida por un Goberno no que hai quen valora o uso da bomba atómica contra Gaza como unha opción final.

Seguimos vivindo no tempo histórico da guerra total do século pasado, que se baseou en aterrorizar a poboación civil e rematou en Hiroshima. A guerra de agora é por territorio, as do futuro serán polos recursos de sempre e por outros tan básicos como a auga e os alimentos, pero os métodos son coñecidos e os argumentos estámolos a ver. Barreiras, muros, fronteiras infranqueables. Gaza é un gueto, un gran territorio de concentración de palestinos, construído e alentado por Ariel Sharon primeiro e Benxamín Netanyahu despois. Apartheid, limpeza étnica, masacre e mesmo holocausto, literalmente «gran matanza de persoas», son palabras que nos veñen ao acordo estes dias.

Neste asunto, ademais de intereses xeopolíticos hai moito uso e abuso da historia e moitos xogos perigosos co pasado e coa mala conciencia colectiva. A culpa alemá explica moitas cousas; segue sendo tan forte que dá a medida do monstruoso crime da Soha cometido polos nazis e os fascistas europeos. A culpa esténdese a Francia, á neutral Suecia e outros países europeos. Alén dos intereses internos, a culpa de saber e non facer hai oitenta anos esténdese aos USA e ao Vaticano. En España non, séguense sen entender os xuízos de Nuremberg.

Afirman moitos que Hamás coa súa acción quixo provocar o que está a acontecer en Gaza, que esperaban esta reacción. Probablemente así foi pero tiña que haber un goberno como o de Netanyahu capaz de responder coa vontade de aniquilación que está a exhibir. O asunto é demasiado antigo e sempre se alimentou de espirais de violencia. O papel de Europa e dos Estados Unidos é central; a solución, dous estados e un goberno en Israel que o acepte. A Isaac Rabín matouno un ultra israelí para evitalo.

Hanna Arendt, a famosa e citada filósofa alemá que tivo que fuxir do seu país por ser xudía, escribiu que os refuxiados coma ela eran a vangarda do futuro. Daquela, entre 1936 e 1945, fuxiron millóns para sobrevivir. Dende 1948 os palestinos comezaron a fuxir e aínda seguen. Aínda que as comparacións neste asunto non sempre están permitidas, os que hoxe agardan saír polo paso de Rafah lembran aqueles 973 refuxiados xudeus que embarcaron en Hamburgo no St. Louis en maio de 1939 e despois de seren rexeitados en Cuba, Estados Unidos e Canadá, retornaron a portos europeos para seren admitidos en pequenos continxentes en Holanda, Bélxica, Gran Bretaña e Francia. Deles, 254 foron exterminados despois nos campos nazis.

QOSHE - A insoportable visión de Gaza - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A insoportable visión de Gaza

4 1
07.11.2023

O que está acontecendo en Gaza resulta insoportable. A visión do que está a facer Israel en Gaza resulta insoportable para quen pense que os seres humanos somos iguais, tamén para quen pensa que a guerra ten regras. Non cumpriron esas regras, nin tiveron sentido da humanidade os milicianos de Hamás que o 7 de outubro asasinaron e secuestraron persoas indefensas, como tampouco o Exército israelí bombardeando hospitais, ambulancias e campos de refuxiados na resposta militar dirixida por un Goberno no que hai quen valora o uso da bomba atómica contra Gaza como unha opción final.

Seguimos vivindo no tempo histórico da guerra total do século pasado, que se baseou en aterrorizar a poboación civil e rematou en Hiroshima. A guerra de agora........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play