Chégannos cada vez con máis frecuencia resultados de investigacións que nos alertan dos importantes cambios que está a sufrir o clima global da Terra. Pero poucos teño visto tan inquietantes como o publicado hai uns días na revista Science Advances: a circulación oceánica do Atlántico norte está camiño dun punto de inflexión no seu enlentecemento. Esta corrente transporta auga quente dende o golfo de México, que sobe cara ao norte polo lado de Europa. Isto é o que fai que o clima en Europa sexa máis suave que á mesma altura en América. A Coruña está á mesma latitude ca Boston, pero mentres que na primeira case nunca se baixa de 0º C, na segunda é normal que cheguen a -10º C ou menos. O desxeo de Groenlandia, causado polo quecemento global, está envorcando auga doce (menos densa que a do mar) na zona de xiro desa circulación oceánica e a alteración da densidade é a que provoca o enlentecemento.

Os físicos que publican o estudo conseguiron medir o fluxo de auga que circula, e viron que ese transporte está nun mínimo, no que supón unha das primeiras medidas directas do proceso (ata agora houbera estimacións indirectas). Na súa análise tamén calcularon o efecto que tería o colapso da circulación oceánica en Europa: un enfriamento moi rápido do noso clima, cunhas caídas de ata máis de 3º C por década. Por se fose pouco, o temor é que o colapso se poida producir relativamente rápido: en moitos escenarios, antes do 2100, aínda que outros investigadores apuntan a que podería chegar mesmo antes de 2050.

QOSHE - Un Sanxenxo xélido? - Jorge Mira
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Un Sanxenxo xélido?

4 1
18.02.2024

Chégannos cada vez con máis frecuencia resultados de investigacións que nos alertan dos importantes cambios que está a sufrir o clima global da Terra. Pero poucos teño visto tan inquietantes como o publicado hai uns días na revista Science Advances: a circulación oceánica do Atlántico norte está camiño dun punto de inflexión no seu enlentecemento.........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play