A científica galega Marisol Soengas recibirá este xoves o LXV Premio Fernández Latorre. Recoñéceselle o seu liderado mundial na investigación sobre un cancro de pel, o melanoma. Pode haber aínda xente que pense que esta non é unha enfermidade demasiado grave, ao non afectar a un órgano interno, e que «ao estar por fóra é fácil de quitar». Pero non; trátase dun cancro que pode ser moi perigoso e invasivo pola súa alta capacidade para xerar metástase. E é precisamente no estudo da metástase onde ten acadado Soengas grandes éxitos, pescudando nas súas rutas de diseminación e mesmo adiantando por onde se producirán antes de que ocorran. Nas últimas dúas décadas a incidencia deste cancro aumentou un 50 %, algo que posiblemente sexa debido a certo cambio de hábitos e á falta de conciencia ante a necesidade de protexernos do sol en certas circunstancias, dado que ese é o principal factor de risco nesta enfermidade.

Soengas é, dende hai uns meses, presidenta da Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer (Aseica), da que é vicepresidente outro galego, Rafael López, xefe do servizo de Oncoloxía do Hospital Universitario de Santiago. E, ata 2020, o presidente de Aseica era tamén outro galego, Xosé Bustelo, que hai uns días ingresaba na Real Academia de Farmacia de Galicia, cun discurso sobre a busca de fármacos que inhiban unhas proteínas que alteran o crecemento celular e están detrás de moitos tipos de cancros. É todo un orgullo ver a tantos galegos na fronte dunha das máis importantes loitas científicas.

QOSHE - Galegos contra o cancro - Jorge Mira
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Galegos contra o cancro

4 0
19.11.2023

A científica galega Marisol Soengas recibirá este xoves o LXV Premio Fernández Latorre. Recoñéceselle o seu liderado mundial na investigación sobre un cancro de pel, o melanoma. Pode haber aínda xente que pense que esta non é unha enfermidade demasiado grave, ao non afectar a un órgano interno, e que «ao estar por fóra é fácil de quitar». Pero non; trátase dun cancro........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play