Os premios Peña Novo do Castelo de Soutomaior
A falta de autoestima de moitos galegos e galegas lévaos a seren protagonistas de comportamentos esperpénticos. Contoume o maxistrado Xosé Xoán Barreiro Prado, presidente da Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, que en todas as vistas orais e sentenzas utiliza a lingua galega, como en máis dunha ocasión tivo que pararlles os pés a algúns suxeitos que prestaban declaración ao manifestaren o atrevemento de de dicir que non eran galegofalantes, pretendendo con esta argallada impoñer o uso da lingua castelán no proceso xudicial. Pero vostede será galegoescoitante, non si?, preguntáballes. Daquela limítese a facer uso do seu dereito a utilizar calquera dos idioma cooficiais en Galicia, que eu fareino no meu, en galego.
Don Alejandro Couselo, maxistrado dun xulgado do Social en Vigo, ditou días atrás unha providencia negándolle o dereito........
© La Región
visit website