menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Lembrando a Xosé Manuel Domínguez-Abella

3 1
09.12.2024

A vida foime agasallando con bos amigos e amigas de rexas personalidades. Con eles fun tecendo organizacións culturais transversais. Movimos os marcos dos limitados espazos de uso do galego para constituirmos unha agra aberta, que acollese a diversidade do noso patrimonio identitario. Afortunadamente algúns seguen vivos. Outros, sen embargo, xa faleceron. Pero deixaron un ronsel de galeguismo integrador con achegas innovadoras que teñen un valor inestimable.

Estes son algúns deses inesquecibles amigos. Velaí están os exemplos dos maxistrados Claudio Movilla Álvarez, Daniel García Ramos e Orencio Pérez González, alicerces da presenza da lingua galega no ámbito xudicial. Outra persoa senlleira foi o notario Victorino Gutiérrez Aller, autor dunha inxente cantidade de protocolos notariais en galego desde tempos da proscrición da lingua. Fundamental foi tamén a vontade galeguizadora de Ramón Castromil Ventureira, que nos permitíu recuperar e anovar o discurso galeguista que ten na historia de Galicia figuras........

© La Región


Get it on Google Play