MoxoM talla un carballo en Vilariño Frío
Foi o mes de maio pasado presente, dito así, ao xeito dos documentos históricos, propicio para as boas novas. Unha delas, en especial, ten transcendencia para a arte pública viaria, mais lonxe de ser unha peza decorativa para unha rotonda ao uso o rexistro céntrase no cerne conceptual dun símbolo da nosa cultura, a árbore. Na beira da estrada do termo de Vilariño Frío, concello de Montederramo, hai unha árbore de nobre porte polo ancho diámetro do tronco que está desmouchada, isto é, podada en exceso. É coñecida como o carballo de abaixo, lugar de xogo para nenos e adolescentes, e espazo de acubillo para os máis vellos baixo das frondosas polas no tempo de verán. Foi respectada cando fixeron a beirarrúa, mais a centenaria árbore, esmoucada fai uns anos, foi esmorecendo, sendo motivo de laios da........
© La Región
visit website