Eu capitán
Matteo Garrone forma parte da chamada ‘novísima ola’ de cineastas italianos que volveron a colocar, na primeira década do século XXI, o cine da península itálica ao máximo prestixio internacional. Garrone, xunto con Emanuele Crialese, Paolo Sorrentino, Giorgio Diritti ou Michelangelo Frammartino, estrearon a súa primeira longametraxe de ficción entre o 2000 e o 2005. A maior, Matteo Garrone, antes do éxito de L’imbalsamatore (2002) xa tiña dúas longametraxes documentais na súa filmografía: Terra di mezzo (1996) e Ospiti (1998). Este último, en especial, falaba da inmigración albanesa a través de dous curmáns adolescentes que loitaban día a día para integrarse nunha complexa realidade romana. Con Eu capitán, Matteo Garrone parece completar este percorrido comezado tres décadas........
© La Región
visit website