“Alien: Romulus”, un “déjà vu” do futuro
Chegou o momento de reconectar cunha saga extraordinaria de ciencia ficción e terror, que se estreou a finais dos anos setenta e que soubo reinventarse en cada filme ata a clonación firmada por Jean-Pierre Jeunet no 1997. Case vinte anos pasaron desde Alien, el octavo pasajero a Alien: Romulus. Esquecervos de Prometheus (2012) e Covenant (2017), os últimos filmes, correctos canto prescindibles, firmados polo mesmo creador da saga, Ridley Scott.
Tamén podemos tranquilamente descoidar dos filmes bobos-lúdicos onde Alien pelexaba contra Predator. O “novísimo” Alien: Romulus merece ser considerado o verdadeiro quinto capítulo desta saga de terror cósmico. O filme transpórtanos ata unha colonia mineira sen luz chamada Jackson’s Star.
Alí, un grupo de mozos intenta escapar tomando o control dunha nave espacial abandonada que lles permitirá viaxar, a través dunhas cámaras de criostasis, ata o planeta Yvaga buscando unha vida mellor. O que os mozos non saben é que a astronave chámase Nostromo e que xa está habitada por horribles bichos alieníxenos...
Alien pode considerarse a saga post-moderna por antonomasia. Sempre estivo lonxe doutros modelos seriais da mesma época como Rocky, Rambo ou Regreso ao Futuro, marcadas por........
© La Región
visit website