Podo viaxar ao estranxeiro estando de baixa médica?
Viaxar, xa sexa ao estranxeiro ou dentro do país, mentres se está de baixa médica non está prohibido, pero hai certas normas que se deben de ter en consideración se nos atopamos nesta situación.
A resposta rápida é que si, si se pode viaxar estando en situación de baixa médica, e o pero é que esa viaxe, ese desprazamento non pode interferir na recuperación e non pode contradicir a situación laboral da persoa. Esa viaxe debe estar autorizada polo médico e debe ser compatible co tratamento ao que se esté sometendo a persoa.
Si a viaxe retrasa a curación, a perxudica, ou ben, esa viaxe, evidencia -que polas actividades que se realizan- que a persoa é capaz de desenvolver a súa profesión, atopariamonos ante unha situación que é contraria á situación de baixa médica, situación que debe evitarse tanto dende a perspectiva da Seguridade Social como da........
