2025: Ano Castelao. A perspectiva dun médico
Xa tocando a fin do ano Castelao, gustaríame unha ollada á súa figura e obra desde a perspectiva dun médico.
Ao longo da historia moitos médicos foron recoñecidos noutros ámbitos moi diferentes aos da súa formación académica ( dende escritores como Chejov, Conan Doyle ou Baroja, políticos como Negrín, Salvador Allende o el Che Guevara, ata guionistas cinematográficos como Michael Chrichton ou mesmo futbolistas como o brasileiro Sócrates…).
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é unha figura central na historia de Galicia, recoñecido pola súa multifacética contribución como artista, escritor, político... Aínda que a súa carreira médica foi breve, a influencia da medicina, a enfermidade e a morte está profundamente entrelazada na súa obra, reflectindo unha visión humanista e crítica da sociedade galega do seu tempo.
Naceu en Rianxo en 1886. Tras unha estadía coa súa familia na Arxentina, volta a Galicia en 1900 e estuda bacharelato en Compostela e posteriormente Medicina entre os anos 1903 e 1909. Aínda que completou os seus estudos de forma notable, decidiu axiña afastarse do exercicio profesional. Nunha das súas célebres afirmacións, explicou: “Fixenme médico por amor a meu........
