Palestina, a resistencia como a mellor arma
Vai máis dun ano dende que o exército israelí atacou e ocupou a Franxa de Gaza, non cunha intención que procurase dar unha resposta acaida, como podía ser resgatar aos secuestrados pola incursión de Hamas o 7 de outubro de 2023, e dar unha lección aos grupos armados palestinos comprometidos nunha “acción terrorista”. Sen dúbida, foi unha incursión militar inxustificábel a de Hamás (e outras forzas). Non debía estar centrada nos civís, aínda que fose necesaria unha resposta ao trato subordinado e violento contra o povo palestino dende hai décadas (empregando todo tipo de accións punitivas, detencións e mortes arbitrarias, desaloxos forzados...).
A resposta do Governo israelí é dobremente inxustificábel, un xenocido. Sobre pouco máis de dous millóns de habitantes na Franxa de Gaza a esta altura hai contabilizados perto de 50 mil mortos palestinos polos ataques do exército israelí (e uns 700 en Cisxordania, mesmo que non é........
© La Región
visit website